A Consellería de Cultura, Educación e Universidade participa no 24º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2021, que se celebra entre o 3 e o 5 de setembro no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.
No expositor da FP galega estará dispoñible información sobre os servizos e os produtos innovadores que se están a realizar nos centros educativos de Formación Profesional de Galicia con oferta das familias profesionais de Hostalaría e Turismo e Industrias Alimentarias, así como información xeral sobre oferta educativa e sobre o procedemento de acreditación de competencias profesionais.