Entre o 5 e o 9 de febreiro, celébrase no recinto de Expourense a feira Xantar 2020, vixésimo primeira edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico.
Como en edicións anteriores de Xantar, a formación profesional galega conta cunha zona dedicada á difusión das súas ensinanzas, na que teñen especial importancia as familias profesionais de Hostalaría e turismo e de Industrias alimentarias.
O stand da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional está atendido por profesorado e alumnado do IES Vilamarín e do IES Lagoa de Antela, que ofrece aos visitantes degustacións de produtos elaborados nos propios centros educativos.