Centros da Rede

CIFP Paseo das Pontes

O noso centro créase por Orde de 23 xuño de 1999 e case que dende os inicios no curso 2000-2001 incorpora a súa oferta formativa ensinanzas de Formación Profesional, entre elas, da Familia profesional de Hostalaría e turismo.

Na actualidade, despois de moitos anos e xa como Centro Integrado de Formación Profesional (Decreto 118/2011 do 16 de xuño), temos a responsabilidade de liderar e ser referente da formación no sector da Hostalaría.

Centrados no alumnado coma protagonista indiscutible, pretendemos desenvolver o capital humano investindo en intelixencia, ofrecendo accións formativas que incorporan factores de innovación, excelencia e tradición, que fagan posible a achega de solucións, atentos á exixencia actual de cohesión dos sistemas educativo e produtivo.

Finalmente é a nosa vocación engadir valor a sociedade en xeral e a hostalaría en particular, procurándolles aos profesionais presentes e futuros as competencias necesarias para emprender os retos de flexibilidade, reciclaxe, acreditación e formación ao longo da vida que tanto demanda o sector hostaleiro.

CIFP Paseo das Pontes
CIFP Paseo das Pontes
CIFP Paseo das Pontes
Tradición, excelencia e innovación
Tradición, excelencia e innovación
Tradición, excelencia e innovación

Datos de contacto

Beatriz Julia López Prado
Directora do CIFP Paseo das Pontes
Rúa San Pedro de Mezonzo, nº4
Coruña, A
881961030

Síganos en

Twitter