Novas da Rede

I Xornada "Coffee-day" Paseo das Pontes

O CIFP Paseo das Pontes celebra hoxe, martes 28 de marzo, a I Xornada "Coffee-day" CIFP Paseo das Pontes. O obxectivo desta xornada é divulgar a cultura do café entre o alumnado das familias profesionais de hostalaría e turismo e industrias alimentarias.

Cóntase coa participación de numerosos especialistas na materia, como Elías Gómez, que impartirá o obradoiro "Elaboración do espresso perfecto"; Willy Gómez, que falará sobre diferentes técnicas e novas tendencias na elaboración de café en filtro, aplicadas ao restaurante e a cafetería; José Manuel Portela, que impartirá un obradoiro sobre capuccinos, con diferentes técnicas e texturas de latte; Augusto Morales, que falará sobre as distintas orixes e técnicas de tostado do café; ou Damián Seijas e Marcel Schaal, que explicarán técnicas de infusionado de café a temperatura ambiente.

Así mesmo, no claustro montaranse diferentes casetas sobre o café con diferentes temáticas e haberá unha zona de pastelería, a cargo de Avelina Amado, con degustación de produtos elaborados con base de café (ás 12:00 h e ás 17:30 h). Tamén se poderá desfrutar de dous pases de coctelaría acrobática a cargo de Carlos Abilleira (ás 12:15 h e ás 17:45 h).

Programa

10:00 h. Apertura da I Xornada "Coffee-day" CIFP Paseo das Pontes.

10:15 h. Mesa redonda "Presente e futuro do barista".

11:30 h. Exposición de demostracións nos stands.

14:00 h. Cóctel no Claustro exterior.

16:15 h. Mesa redonda "Que é un café de orixe".

17:30 h. Exposición de demostracións nos stands.

19:30 h. Clausura da I Xornada "Coffee-day" CIFP Paseo das Pontes.