Centros da Rede
IES Sanxillao
Este centro educativo comezou a súa andadura, polo ano de 1992 dedicándose exclusivamente á Ensinanza Secundaria e ao Bacharelato. Con posterioridade o edificio sufriu unha ampliación para aloxar nel a chamada “Escola de Hostalaría”, que afianzou as súas ensinanzas de Formación Profesional ao longo do ano de 1995.
Na actualidade cursan estudos de ESO, Bacharelatoe ciclos formativos uns 629 alumnos procedentes de distintos puntos da provincia de Lugo, dos cales 195 alumnos fórmanse en ciclos de grao medio, superior e formación profesional básica.
A gran difusión que se está a facer nos últimos anos sobre as tendencias alimentarias e a arte culinaria, multiplicaron a demanda do alumnado polo estudo de ciclos formativos desta familia profesional que parece ter un esperanzador futuro.