Do 29 de febreiro ao 4 de marzo de 2016 celebraranse no IES Sanxillao de Lugo as Xornadas de ciencia na cociña e na industria alimentaria. Ao longo dos cinco días de duración das xornadas desenvolveranse distintas actividades, entre elas a presentación por parte dos docentes e alumnado do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra do proxecto “A lapa. Marisco olvidado, marisco recuperado”.
Por outra banda, Szabina Dalma Szabó, alumna que estuda o último ano do ciclo de Cociña e gastronomía no IES Sanxillao foi elexida por Santi Almuiña (mesón Colón) e Diego López (Bulló Xantar), para promocionar a calidade dos productos galegos a través o programa Galician Goumert Extravaganza.