Centros da Rede
CIFP Fraga do Eume
O IES Fraga do Eume abriu as súas portas no ano 1987, ofertando ensinanzas da familia profesional de Hostalaría e turismo. Foi o segundo centro da comunidade en ofertar esta especialidade, e a súa oferta educativa foise ampliando ata a actualidade.
É un centro perfectamente integrado na comarca que colabora de xeito habitual coas empresas do sector representando ás mesmas en diversos eventos. Ten as súas portas sempre abertas á colaboración coa comunidade educativa do contorno.
O IES Fraga do Eume, oferta ao seu alumnado un servizo de comedor, bolsa de traballo, estadías no extranxeiro, becas, etc colaborando así mesmo con servizos sociais, ONGs, …
Cabe destacar que cada ano, dende o ano 2000, no noso IES organízase un Concurso de Cociña e Coctelaría “José Rodríguez-Moldes Rey” que se está a converter nun referente para todos os centros de hostalaría da nosa comunidade.