O pasado xoves 8 de marzo de 2018 celebrouse a XIX edición do concurso de cociña e coctalaría José Rodríguez-Moldes Rey, no IES Fraga do Eume de Pontedeume.
No apartado de cociña, este ano tivo continuidade a dinámica establecida nas pasadas edicións cunha elaboración tradicional, mexillón de Galicia en escabeche, realizada exclusivamente cos ingredientes propostos nas bases do concurso e unha elaboración creativa a base de anguía.
Como novidade desta edición, o concurso de coctalaría celebrouse en dúas modalidades: clásica, na que se valorou a destreza e técnica dos participantes a partir dun receitario internacional de coctalaría; e creativa, na que se valorou a técnica, a decoración, a creatividade, a execución e o sabor de creacións orixinais presentadas polos participantes.
Ademais, desde fai oito anos celébrase simultaneamente un concurso de creación de carteis para anunciar o evento, no cal están invitados a participar os centros con ensinanzas de artes gráficas e artísticas.
A relación de gañadores do certame é a seguinte:
Concurso de cociña
- 1º Premio: CIFP Compostela
Daniel Recarey Liñares e Roberto Douton Ferreiro, cos pratos Mexillóns de Galicia en escabeche e Anguía a baixa temperatura con ali-oli, espumoso e crocante de pan e pimentón - 2º Premio: IES de Vilamarín
Óscar Paz Alonso e Iago González Rodríguez, cos pratos Mexillóns de Galicia en escabeche e Anguía, algas, millo e castañas
Concurso de coctalaría creativa
- 1º Premio: CIFP Paseo das Pontes
Aarón Santiago Núñez Torres, co cóctel Fancy Drink SHRUB STORY - 2º Premio: CIFP Compostela
Francisco García Piñeiro, co cóctel Long Drink VANAGANDR SPICED COOLER
Concurso de coctalaría clásica
- 1º Premio: IES Fraga do Eume
Paula Piñeiro Vázquez - 2º Premio: CIFP Carlos Oroza
Pablo Bugallo Barros
Concurso de carteis
- 1º Premio: IES Leixa
Víctor Serantes