Iván Rozas Muñiz, estudiante do ciclo superior de Dirección de Cociña no IES Sanxillao de Lugo, representa a Galicia no IV Premio Promesas da alta cociña, convocado pola escola Le Cordon Bleu de Madrid.
"O premio é unha oportunidade moi importante, por iso presenteime ao concurso", relata Iván Rozas, aínda que recoñece que será difícil resultar gañador debido á gran competencia que hai. Agora dispón ata o 31 de xaneiro para presentar unha receita e un vídeo dun máximo de cinco minutos cunha elaboración creativa propia dunha receita.