A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta a Rede galega de Formación Profesional de hostalaría, como un espazo de innovación e intercambio de experiencias para o sector.
Este proxecto pioneiro na área da hostalaría, integra ós oito centros públicos dependentes da consellería con esta especialidade formativa, que se extenden ao longo de toda a xeografía galega e conta cun sitio web específico.