O IES de Foz organiza novamente campionatos internacionais de hostalaría. Ademais dos tradicionais campionatos de baristas (un para escolas de hostalaría e outro para profesionais) e do campionato de cata de cafés para escolas de hostalaría, este ano celebrarase o primeiro campionato internacional de cata de cafés para profesionais da hostalaría.
As competicións, que se celebrarán durante os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2020, son as seguintes:
- XIII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalaría
- VIII Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escolas de Hostalaría
- VIII Campionato Internacional de Baristas Profesionais
- I Campionato Internacional de Cata de Cafés para Profesionais
Accede ao: