O IES de Vilamarín, de Ourense, participou na terceira xornada do Salimat Abanca 2017 cunha charla sobre o aproveitamento gastronómico da urtica dioica, coñecida en Galicia como estruga ou ortiga. Na mesma sesión levouse a cabo unha práctica sobre os usos e aproveitamentos desta planta e o esforzo por cambiar a súa mala fama pola dunha planta con importantes beneficios. Amosouse o xeito de manipular a estruga e ofreceuse a degustación das seguintes preparacións culinarias:
- Estrugas e cogomelos intricados en ovo sobre tosta de pan de Cea
- Ovo a baixa temperatura sobre crema de estrugas e galletas mariñeiras
- Queixo de estrugas con sirope de Sabugueiro
Contouse coa colaboración das empresas Campomayor, Champivil, Daveiga e IXP Pan de Cea, así como coa do CIFP Coroso, que facilitou produtos dos seus obradoiros: sirope de sabugueiro e marmelada de pemento.