Durante os días 6 e 7 de febreiro de 2018 celebráronse as Xornadas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia no IES de Vilamarín (Ourense), no CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) e no Centro Superior de Hostalaría de Galicia.
Baixo o título “Neste entroido... que non chos disfracen”, ofrecéronse sesións de coctalería e showcookings co fin de dar a coñecer e promocionar os destilados galegos con selo de calidade.
Nas sesións no IES de Vilamarín do 6 de febreiro de 2018, ás que corresponden as imaxes, realizouse unha cata comentada de produtos, así como unha demostración do potencial dos augardentes e licores tradicionais na cociña e coctalaría.
Pola súa banda, nas sesións no CIFP Paseo das Pontes, celebradas ao día seguinte, realizouse tamén unha cata comentada e un showcooking.
Estas actividades foron organizadas por Turismo de Galicia en colaboración co Clúster de Turismo de Galicia, as delegacións da Xunta de Galicia en A Coruña e Ourense, co apoio da Consellería do Medio Rural e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.