Entre o 6 e o 10 de febreiro, celébrase no recinto de Expourense a feira Xantar 2019, vixésima edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico.
Como en edicións anteriores de Xantar, a formación profesional galega conta cunha zona dedicada á difusión das súas ensinanzas, na que teñen especial importancia as familias profesionais de Hostalaría e turismo e de Industrias alimentarias.
O stand da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional está atendido por profesorado e alumnado do IES Vilamarín, que ofrece aos visitantes degustacións de produtos elaborados no propio centro educativo. Cóntase tamén coa colaboración de profesorado e alumnado do CIFP A Farixa.