Oferta modular. Itinerarios formativos recomendados
A oferta modular, tanto na modalidade presencial como a distancia, permite a posibilidade de combinar o estudo e a formación coa actividade laboral, coas cargas familiares ou con outras actividades, e responde así ás necesidades e aos intereses persoais.
A diferenza da oferta ordinaria, onde a matrícula é por curso completo e a distribución de módulos por cursos xa está establecida na normativa, a oferta modular permite realizar a matricula por módulos soltos, de maneira que as persoas poden deseñar os seus itinerarios formativos. Esta circunstancia, que é moi ben valorada polo alumnado, pode provocar que nalgúns casos, ben por descoñecemento ou ben por falta de asesoramento, se matriculen de máis módulos dos que poden asumir ou que dificilmente poden afrontar con éxito, sen teren os coñecementos e as competencias mínimas requiridas.
Coa finalidade de que as persoas dispoñan de toda a información no momento de realizar a solicitude de admisión ou, chegado o caso, a matrícula nas ensinanzas de formación profesional en oferta modular, preséntase a continuación, por familia profesional e para cada ciclo formativo, un documento coa seguinte información:
- Para as persoas que non teñen pensado realizar o ciclo formativo completo:
Módulos profesionais que deben ser cursados con anterioridade a realizar a matrícula noutros módulos, por incluíren contidos ou competencias que son necesarios para cursar con aproveitamento outros módulos.
Módulos, de ser o caso, que deben ser cursados dunha forma simultánea, por incluíren contidos ou competencias que se complementan.
- Para as persoas que teñan pensado realizar o ciclo formativo completo:
- Itinerario 1: recomendado para as persoas con tempo suficiente para abordar as ensinanzas do ciclo en tres cursos académicos (dous cursos de formación no centro educativo, mais outro curso para realizar a FCT e o módulo de Proxecto, no caso dos ciclos de grao superior).
- Itinerario 2: recomendado para as persoas que non dispoñan de tanto tempo como no itinerario 1, pero que poidan abordar as ensinanzas do ciclo en catro cursos académicos (tres cursos de formación no centro educativo, mais outro curso para a FCT e o Proxecto, de ser o caso).
- Itinerario 3: recomendado para as persoas que dispoñan de moi pouco tempo para dedicar á súa formación. Neste caso, o itinerario abranguerá cinco cursos académicos (catro cursos de formación no centro educativo, mais outro para a FCT e o Proxecto, de ser o caso).O réxime de persoas adultas, tanto na modalidade presencial como a distancia, permite a posibilidade de combinar o estudo e a formación coa actividade laboral, coas cargas familiares ou con outras actividades, e responde así ás necesidades e aos intereses persoais.
Administración e xestión
- MADG01 - CM Xestión administrativa
- SADG01 - CS Administración e finanzas
- SADG02 - CS Asistencia á dirección
Agraria
- MAGA01 - CM Produción agroecolóxica
- MAGA03 - CM Xardinaría e floraría
- MAGA04 - CM Aproveitamento e conservación do medio natural
- SAGA01 - CS Xestión forestal e do medio natural
- SAGA02 - CS Paisaxismo e medio rural
Artes gráficas
Comercio e márketing
- MCOM01 - CM Actividades comerciais
- SCOM01 - CS Transporte e loxística
- SCOM02 - CS Comercio internacional
- SCOM03 - CS Xestión de vendas e espazos comerciais
- SCOM04 - CS Márketing e publicidade
Electricidade e electrónica
- MELE01 - CM Instalacións eléctricas e automáticas
- MELE02 - CM Instalacións de telecomunicacións
- SELE01 - CS Sistemas electrotécnicos e automatizados
- SELE02 - CS Sistemas de telecomunicacións e informáticos
- SELE03 - CS Automatización e robótica industrial
- SELE04 - CS Mantemento electrónico
Enerxía e auga
Edificación e obra civil
- MEOC01 - CM Construción
- MEOC02 - CM Obras de interior, decoración e rehabilitación
- SEOC01 - CS Proxectos de edificación
- SEOC02 - CS Proxectos de obra civil
- SEOC03 - CS Organización e control de obras de construción
Fabricación mecánica
- MFME01 - CM Mecanizado
- MFME02 - CM Soldadura e caldeiraría
- SFME01 - CS Programación da produción en fabricación mecánica
- SFME02 - CS Construcións metálicas
- SFME04 - CS Programación da produción en moldeamento de metais e polímeros
Hostalaría e turismo
- MHOT01 - CM Cociña e gastronomía
- MHOT02 - CM Servizos en restauración
- SHOT01 - CS Xestión de aloxamentos turísticos
- SHOT02 - CS Axencias de viaxes e xestión de eventos
- SHOT03 - CS Guía, información e asistencia turísticas
- SHOT04 - CS Dirección de cociña
- SHOT05 - CS Dirección de servizos de restauración
Informática e comunicacións
- MIFC01 - CM Sistemas microinformáticos e redes
- SIFC01 - CS Administración de sistemas informáticos en rede
- SIFC02 - CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
- SIFC03 - CS Desenvolvemento de aplicacións web
Instalación e mantemento
- MIMA01 - CM Instalacións frigoríficas e de climatización
- MIMA02 - CM Instalacións de produción de calor
- MIMA03 - CM Mantemento electromecánico
- SIMA01 - CS Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos
- SIMA02 - CS Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos
- SIMA03 - CS Mecatrónica industrial
Imaxe persoal
- MIMP01 - CM Estética e beleza
- MIMP02 - CM Peiteado e cosmética capilar
- SIMP01 - CS Estética integral e benestar
- SIMP03 - CS Asesoría de imaxe persoal e corporativa
Imaxe e son
- SIMS01 - CS Produción de audiovisuais e espectáculos
- SIMS02 - CS Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos
- SIMS03 - CS Animacións 3D, xogos e contornos interactivos
- SIMS04 - CS Son para audiovisuais e espectáculos
- SIMS05 - CS Iluminación, captación e tratamento de imaxe
Industrias alimentarias
Madeira, moble e cortiza
- MMAM01 - CM Carpintería e moble
- MMAM02 - CM Instalación e amoblamento
- SMAM01 - CS Deseño e amoblamento
Química
Sanidade
- M19001 - CM Coidados auxiliares de enfermaría
- MSAN01 - CM Emerxencias sanitarias
- MSAN02 - CM Farmacia e parafarmacia
- S19003 - CS Dietética
- SSAN01 - CS Audioloxía protésica
- SSAN05 - CS Laboratorio clínico e biomédico
- SSAN08 - CS Documentación e administración sanitarias
- SSAN09 - CS Hixiene bucodental
Seguridade e medio ambiente
Servizos socioculturais e á comunidade
- MSSC01 - CM Atención a persoas en situación de dependencia
- SSSC01 - CS Educación infantil
- SSSC02 - CS Integración social
- SSSC04 - CS Mediación comunicativa
Téxtil, confección e pel
Transporte e mantemento de vehículos