Asistente informático
O asistente informático da aplicación Ciclosadmisión será empregado para realizar as solicitudes e o seguimento dos procesos de admisión da oferta ordinaria (só 1º curso), oferta modular, FP dual intensiva e cursos de especialización.
En FP básica a solicitude será realizada no centro, de orixe ou de destino segundo corresponda. O seguimento poderá realizarse na aplicación.
Accións que se realizarán en Ciclosadmisión:
Nota: débense realizar os trámites coa aplicación informática nun ordenador. Non é recomendable empregar un móbil. Os centros con oferta de FP sostida con fondos públicos teñen á disposición do alumando ordenadores, impresoras e asesoramento.
Oferta ordinario | Oferta modular | Cursos de especialización | Dual intensiva | FP básica | |
---|---|---|---|---|---|
Presentación de solicitudes | 24 de xuño ás 9:00 ao 4 de xullo ás 13:00 horas | ||||
Resolución provisional de solicitudes |
10 de xullo |
8 de xullo |
8 de xullo |
||
Reclamación contra a resolución provisional |
10 de xullo ás 9:00 ao 12 de xullo ás 13:00 horas |
8 de xullo ás 9:00 ao 10 de xullo ás 13:00 horas |
8 de xullo ás 9:00 ao 11 de xullo ás 13:00 horas |
||
Resolución definitiva de solicitudes | 17 de xullo |
12 de xullo |
23 de xullo |
||
1ª Adxudicación de prazas e matriculación das persoas admitidas |
17 de xullo ás 9:00 ao 22 de xullo ás 13:00 horas |
16 de xullo ás 9:00 ao 24 de xullo ás 13:00 horas |
Desde o 23 de xullo |
||
2ª Adxudicación de prazas e matriculación das persoas admitidas |
24 xullo ás 9:00 ao 31 xullo ás 13:00 horas |
|
Chamamento polos centros | ||
3ª Adxudicación de prazas e matriculación das persoas admitidas |
2 setembro ás 9:00 ao 5 setembro ás 13:00 horas |
||||
Adxudicación continuada |
Chamamento polos centros | Chamamento polos centros | |||
Ampliación da oferta modular coas prazas vacantes dos módulos de ciclos con oferta completas |
23 setembro ás 9:00 horas ao 26 setembro ás 13:00 horas |
*Nota FP básica. Os centros nos que estea asignada a praza poñeranse en contacto co alumnado para confirmar a matrícula e solicitarlles a documentación que proceda.
1º Paso. Solicitude
Prazo de presentación: do 24 de xuño ás 9 horas ata o 4 de xullo ás 13 horas.
Realizar a solicitude no asistente informático só cando se teñan os requisitos, de titulación ou proba de acceso. Cando a aplicación o indique será necesario xuntar documentación ou terá que ser entregada, dentro do prazo, unha copia da solicitude nun centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
2º paso: Consultar a resolución provisional de solicitudes.
3º paso: Reclamar, cando se atope algún erro na resolución provisional.
No caso de detectarse erros nos datos da resolución provisional a aplicación Ciclosadmisión permitirá ás persoas con solicitude facer unha reclamación. Este servizo só estará dispoñible durante os períodos de reclamacións establecidos.
4º paso: Consultar a resolución definitiva de solicitudes.
5º paso: Consultar a adxudicación de prazas.
No caso de ter praza adxudicada, a aplicación permitirá matricularse ou renunciar. A renuncia para seguir en lista de espera das prazas de mellor opción só é necesario presentala no caso da oferta ordinaria ou en cursos de especialización.