Coñece a FP

A formación profesional é un conxunto de accións formativas que capacitan para o exercicio dunha profesión, preparan para o acceso ao emprego e facilitan a adaptación ás modificacións laborais que se poidan producir ao longo da vida.

A formación profesional actual ofrece unha base sólida xeral e unha especialización acorde co mercado laboral e co coñecemento práctico das novas tecnoloxías. Unha das claves destes estudos é a conexión entre o mundo educativo e o mundo produtivo, aspecto que se trata de garantir combinando a formación no centro educativo coa formación nas empresas.

Así, o alumnado de Formación Profesional realiza actividades formativas nas empresas (formación en centros de traballo, ou FCT), o que lle proporciona o complemento da práctica real á formación recibida. Para iso, a nosa comunidade autónoma conta coa colaboración de arredor de 9.000 empresas, nas que unha importante parte do alumnado atopa o seu primeiro emprego.

Coa FCT a formación profesional crece e avanza para adaptarse a unha sociedade que valora cada vez máis as persoas profesionalmente cualificadas.

Tema: