Que título se obtén ao superar un ciclo formativo?
Superando un ciclo de formación profesional básica obtense o título profesional básico, superando un ciclo de grao medio obtense o título de técnico ou de técnica e superando un ciclo de grao superior obtense o título de técnico ou técnica superior.
Os títulos de formación profesional son o instrumento para acreditar as cualificacións e as competencias propias de cada un deles e asegurar un nivel de formación, incluíndo competencias profesionais, persoais e sociais para favorecer a competitividade, a empregabilidade e a cohesión social.
Tema: