Empresa

A formación profesional prepara aos futuros traballadores cualificados para se empregar no sector produtivo. O referente formativo é a realidade empresarial e as súas necesidades de cualificacións.

Imponse a evidencia de que é imprescindible, dentro da formación profesional e dos propios centros, a colaboración coas empresas xa que estas exercen un papel esencial nas diferentes familias profesionais.

A colaboración e a relación entre as empresas e a formación profesional, en particular coas empresas dos sectores claves da economía galega, permite un maior aproveitamento dos recursos da nosa comunidade, favorece a inserción laboral das persoas tituladas de formación profesional, mellora da competitividade das empresas, e permite a cualificación e recualificación das persoas traballadoras, incluído a do profesorado de formación profesional o que redunda nunha maior formación e cualificación nos  futuros titulados de FP.

Estas colaboracións permiten establecer sinerxías tanto en materia de innovación tecnolóxica como en temas do fomento da cultura emprendedora, enerxías alternativas e en xeral, no desenvolvemento da formación en calquera familia profesional, en parte, grazas ao módulo de formación en centros de traballo (FCT). Este módulo obrigatorio en todos os ciclos formativos  converteuse hoxe en día nun mecanismo relevante da relación entre a formación profesional e as empresas.

As vías de colaboración entre a formación profesional e as empresas desenvólvense mediante  os chamados convenios de colaboración.

Tema: