Admisión FP 2024-2025. Prazas liberadas.

Para matricularse en prazas liberadas a única condición é cumprir os requisitos de acceso para o ciclo ou curso de especialización  correspondente. A matrícula en calquera oferta de formación profesional con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión de formación profesional e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas de calquera tipo de oferta, modalidade e grao.

O prazo para matricularse en prazas liberadas rematará o martes 24 de setembro ás 13:00 horas.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo ou curso de especialización teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase no propio centro por orde de chegada.

FP dual intensiva

  • Ciclos de FP dual intensiva con prazas vacantes
Cursos de especialización
  • Cursos de especialización con prazas dispoñibles
  • Modelo de documento

Oferta ordinaria

  • Para solicitar a matrícula en ciclos de oferta ordinaria con prazas liberadas empregarase o anexo I.
  • Ciclos formativos de grao medio con prazas vacantes.
  • Ciclos formativos de grao superior con prazas vacantes.

Oferta modular

Para solicitar a matrícula en módulos de oferta modular con prazas liberadas empregarase o anexo II.

  • Modalidade presencial

Módulos de grao medio con prazas vacantes.

Módulos de grao superior con prazas vacantes.

  • Modalidade distancia

Módulos de grao medio con prazas vacantes.

Módulos de grao superior con prazas vacantes.

FP Básica

Para solicitar a matrícula nos ciclos de grao básico liberados, as persoas que non teñan praza adxudicada, presentarán unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I, no centro no que pretendan ser admitidas.

Ciclos formativos de grao básico con prazas vacantes.

 

Etiquetas: 
Tema: