Oferta de FP. Curso 2021/2022
Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo- ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial como a distancia.
A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida.
Nas seguintes ligazóns podes atopar para o curso 2021/2022 a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario —grao profesional básico, grao medio e grao superior—, a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia, en ensinanzas sostidas con fondos públicos.
Nota: O número de prazas ofertadas por ciclo formativo podería sufrir algunha modificación.
Réxime ordinario, grao profesional básico, grao medio e grao superior, en ensinanzas sostidas con fondos públicos:
- Clasificada por familia profesional e ciclo formativo ( actualizado 14/06/2021)
- Clasificada por provincia e concello (actualizado 14/06/2021)
Réxime das persoas adultas na modalidade presencial, en ensinanzas sostidas con fondos públicos (oferta modular):
- Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 28/06/2021)
- Clasificada por provincia e concello (actualizado 28/06/2021)
Réxime das persoas adultas na modalidade a distancia, en ensinanzas sostidas con fondos públicos (oferta modular):
- Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 10/06/2021)
- Clasificada por provincia e concello (actualizado 10/06/2021)
Oferta de prazas para formación profesional dual:
- Clasificada por provincia e concello (actualizado 01/07/2021)
Oferta de prazas de cursos de especialización:
- Clasificada por provincia e concello (actualizado 18/06/2021)
Oferta de prazas para os módulos correspondentes a programas formativos básicos, en ensinanzas sostidas con fondos públicos:
- Oferta de programas formativos básicos por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 10/06/2021)
- Oferta de programas formativos básicos por provincia e concello (actualizado 10/06/2021)
Normativa relacionada