Son José Manuel Sánchez, secretario do IES Mendiño, tívenme que encargar de administrar páxina web do Instituto. Estou en proceso de aprendizaxe e non me admitiron no curso de administradores de páxinas web dinámicas. Teño o seguinte problema: Cre tres elementos nun menú. Estes aparécenme nas opcións cando visito a páxina web. Cando entro como un usuario para crear unha páxina nalgún dos items dese menú non me aparece ningún deles.
Como visitante aparece:
Normalización lingüística
- Novas
- Publicacións
- Cadernos gastronómicos
- contos de medo
- Revista
-Ligazóns
Como usuario para insertar unha páxina me aparece:
Normalización lingüística
Novas
Revista
Ligazóns.
E ademais como visitante na opción Contose de medo aparéceme o correspondente a actividades/complementarias. Que tamén en está opción tamén me aparece.
Taxonomy
Podes atopar resposta no artigo anterior
Creación de Bloques
En primeiro lugar podes ver o seguinte enlace do curso da aula virtual Aberta de websdinamicas para aclarate.
Neste enlace faise un resumo da creación de categorías.
Aula virtual Aberta
Na aula virtual aberta de websdinamicas aparace a documentacion para resolver o teu problema.
Vou facer un breve resumo.
1.- Creo categoría (Administración do contido/categorías)
2.- Creo os termos
2a.- Fago visible a categoría (Configuración da páxina/Taxomomías - Menú)
3.- Creo o Menu (Construcción da páxina/menú)
4.- Asocio categoría e menú
5.- Dou os permisos aos roles (Mantenemento de usuarios/Taxonomy access permissions)
6.- Coloco o bloque onde quero (Construcción da páxina/bloques)
Tes que activar os permisos correspondentes
Ola. Tes que activar os permisos correspondentes en administrar - taxonomy acess permissions" para o rol de administrador (ou o que queiras modificar).
Para que podas crear contido nun dos elementos tes que marcar a opción "Create".
De todos xeitos, eu poríame en contacto co asesor abalar da túa zona, para que se pase polo centro te te poña un puco ó día. Eu tamén tiven que aprender moitas cousas "a piñón", e temos xa bastanque que facer como para botar o carro de horas que leva a autoaprendizaxe nestas cuestións.
Un saúdo e boa sorte.
Grazas
Grazas a todos, xa conseguín arranxar os problemas, a base de ler toda a información e probar ata acertar.