Para subir unha nova imaxe como logo dos temas teremos que facer, e ter en conta, o seguinte:
- Se nunca se personalizou o logo de ningún tema activado entón todos eles empregan o logo por defecto (Global).
- Unha vez que se personaliza o logo dun tema, de calquera, despois cada tema xa emprega o propio logo que teña establecido na súa configuración.
- Para subir unha nova imaxe teremos que ter en conta o anterior. Así, se se está a empregar o logo por defecto, bastará con subir a nova imaxe á configuración Global. Pero se xa se personalizou algunha vez algún tema haberá que subir o logo ao tema que se desexe personalizar.
- A imaxe que se suba como novo logo cambiará o seu nome de ficheiro unha vez subido, pero manterá a súa extensión. O novo nome que colla a imaxe unha vez subida dependerá de a que tema sexa subido. Así, por exemplo:
- Se subimos a imaxe "paisaxe.jpg" na configuración Global, o novo nome do ficheiro subido será "logo.jpg".
- Se subimos a imaxe "postadesol.png" ao tema Aurora, o novo nome do ficheiro subido será "aurora_logo.png".
- Unha vez subida á imaxe hai que axustar a súa ruta, eliminando todo o que aparace antes de "/files" e substituíndoo por "system". Así, por exemplo:
- Se subimos a imaxe "paisaxe.jpg" na configuración Global a ruta que aparecerá será "/srv/hosting/home/NOMEDOCENTRO/drupal/files/logo.jpg". Teremos que cambiala a "system/files/logo.jpg".
- Se subimos a imaxe "postadesol.png" na configuración do tema Aurora, a ruta que aparecerá será "/srv/hosting/home/NOMEDOCENTRO/drupal/files/aurora_logo.png". Teremos que cambiala a "system/files/aurora_logo.png".
- Unha vez que teñamos subida unha nova imaxe a un tema, non temos por que subila a cada tema que teñamos activado, xa que abondará con copiar o enderezo desta imaxe na ruta da configuración de cada tema no que a desexemos empregar. Así, por exemplo:
- No tema Garland podemos empregar o logo que subimos ao tema Aurora indicando que a ruta do logo para o tema Garland sería esta: "system/files/aurora_logo.png". Así, se subo a nova imaxe solo na configuración Glogal, xa a podo empregar para calquera tema indicando na configuración destes a seguinte ruta: "system/files/logo.jpg".
Un saúdo.