O problema é sinxelo:
Eu definín dentro dunha categoría (zona de probas) a unha serie de usuarios, asignándolles DENTRO DESA CATEGORÍA o papel de Course Creator. O caso é que calquera destes usuarios pode crear cursos en calquera das outras categorías, aínda que non teñen papel asignado alí. A ver cómo o podo arranxar.
Saúdos desde Vigo
Permisos globais
Ola.
O que seguramente estea a pasar é que para eses usuarios lle teñades asignados permisos globais de creadores de curso.
Concretamente na vosa aula virtual hai 4 usuario que están nesa situación, que teñen o rol global.
Para solucionar o problema teredes que quitarlle estes permisos globais e deixarlle só os permisos dentro da categoría.
Un saúdo.
Resolto
Efectivamente ese era o problema.
Graciñas