Skip to Content

Contido que foi creado e non sempre e visible

ola
o noso problema (usamos o newflash template) é ó crear contido e non sei por que, pero non aparece. O aparece en Mozilla e non no explorer. Tamén acontece que aparece en Explorer como usuario rexistrado e non como un usuario anónimo. Pero ó sair como usuario rexistrado a páxina aparece.
Ocurre de igual xeito cos adxuntos (aparecen no Mozilla e non en Explorer), pero só nalgunhas páxinas.
O módulo cron serve neste caso de algo?
É necesario dalgún xeito reconstruír índices? Existe un módulo para mellorar este problema?
É problema de capacidade no sitio web?
grazas
un saúdo

Poden ser varios asuntos

Ola compañeiros.

Pois aquí poden darse varios casos:

Si un contido aparece nun explorador (Firefox, recomendado o seu uso) e non noutros (Explorer, soe dar moitos problemas, sobre todo na edición) pode ser debido a como se crearon os contidos, por exemplo isto pasa moito cando o contido non é creado directamente senon que se copia e pega desde outra fonte, por exemplo desde o procesador de textos (práctica non recomendada, mellor crear un contido breve e xuntar un PDF con máis información).

En calquera caso, si nos enviades a información concreta de que contido (nodo) vos da este problema dámoslle un vistazo para poder determinar a causa do mesmo.

O cron solo ten efecto sobre o buscador, é dicir, un contido creado non aparece como resultado dunha busca ata que o cron foi lanzado e así os índices reconstruídos. O cron lánzase de forma automáticas tódolas noites.

Que sexa capacidade do sitio web está descartado.

O dito, podedes poñervos en contaco coa vosa asesora do centro ou comentalo neste foro e así poder concretar o problema e dar coa solución.

Un saúdo.

Grazas

Grazas pola vosa resposta:
Entrarei en contacto co asesor
Unha páxina de exemplo onde isto esto sucede con nós é: http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpsomeso/node/446
Non vemos os adxuntos no Explorer e si en Mozilla.
e outro día un profesor, creou una páxina e a colocou en dúas categorías dunha á vez e despois non aparecía. O único xeito era eliminar e volver a crea-la completamente. Pero entón continuó sen verse ata que cheguei a eliminar os arquivos temporais de iexplorer e marque a caixa "ver"sobre o acceso Taxonomy: permisos para os usuarios anónimos, cando anteriormente había contido nesa categoría non necesitabase marcar

grazas, falaré co asesor/a e publicarei no foro



forum | by Dr. Radut