Skip to Content

Insertar un formulario de google docs

Non o dou feiro, collo o código que Gdocs me da pero na web do cole solo pon  Cargando.....

 

É posible facelo? Como o fago?

 

Gracias.

Tipo de contido: webform

E probaches a crear un tipo de contido Webform. Precisamente este tipo de contido permite crear o teu formulario directamente no Drupal.

A única limitación que ten (e que non é recomendable empregar) sería a de permitir que se xunten ficheiros a través deste formulario web, xa que presenta incompatibilidades no uso dos vídeos. Si deixamos que se envíen adxuntos os vídeos publicados noutros contidos poden deixar de funcionar. Pero, polo demáis, para recoller información é totalmente funcional, podendo crear diferentes tipos de campos e exportando posteriormente os datos a follas de cálculo para poder tratalos.

Podes ver un exemplo dun formulario na web do Mupega: http://www.edu.xunta.es/mupega/formulario

Un saúdo.

Totalmente de acordo

O webform é unha ferramenta do máis útil para recoller información de calquera tipo. Nós por exemplo, rexistramos así as IPs que se asignan aos equipos, para levar un control mellor. Tamén o usamos para recoller traballos dos alumnos. E desde logo, limitando as extensións e traballando con documentos pouco pesados funciona moi ben.

Saúdos desde Vigo



forum | by Dr. Radut