Skip to Content

Non se ven as imaxes subidas

Creei en axustes IMCE dúas subcarpetas, arquivos e imaxes, para poder organizar mellor o que se sube á páxina.

Desde entón, penso que por ese motivo, podo subir as imaxes pero aparecen como un enlace roto, e o mesmo ocorre coas que xa teño gardadas en arquivos persoais, polo que non as podo volver a utilizar.

¿É porque ao crear as subcarpetas cambiei a ruta de acceso ou por outros motivos?

Grazas pola axuda.

Problema de incompatibilidade na función do módulo

Grazas polo aviso, xa que polo que parece hai unha incompatibilidade desta función do módulo IMCE (crear subcarpetas) coa instalación Multisite, xa que unha vez empregada esta opción as rutas ás imaxes non as constrúe axeitadamente como debería.

Traballaremos sobre este problema para tratar de correxilo.

Si queredes correxir momentaneamente algunha das imaxes utilizadas de forma manual indicamos a continuación como proceder:

  • Unha vez subida a imaxe e engadida ao contido (desde a opción "add", xa que na previsualización a imaxe tampouco se ve) deberemos editar o contido desactivando o texto enriquecido para ver o código HTML da páxina.
  • As imaxes estarán en etiquetas do estilo: <img src="/centros/ceipsanjurjo//srv/hosting/home/ceipsanjurjo/drupal/files/u2/arquivos/Imaxe.png" ...>
  • Teremos que substituir todo o que aparece a partires do nome do centro ata a palabra "files" por system, de xeito que finalmente o código HTML da imaxe quedaría así: <img src="/centros/ceipsanjurjo/system/files/u2/arquivos/Imaxe.png" ...>

En canto teñamos o problema resolto xa vos avisaremos.

Un saúdo.

Problema de incompatibilidade na función do módulo

Boas tardes.

Seguemos co mesmo problema que fai máis dun ano á hora de subir as imaxes e documentos adxuntos (hai que cambiar o código por system).

Aínda que funciona... ¿habería xa unha solución para non ter que facer este cambio de cada vez que colgamos algo? ¿atopástedes unha solución?

Moitas grazas. Un saúdo.

Non se ven as imaxes subidas

Grazas. Funciona cambiando o código, pero vaia lentitude facelo con cada imaxe! Espero que o poidades arranxar pronto.

Por certo, polo mesmo motivo, a creación das subcarpetas, pasa o mesmo co resto dos arquivos (neste caso, tentaba subir uns .pdf), pero tamén puiden facelo do mesmo xeito.

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut