Boas tardes,
no IES Escolas Proval temos un formulario na páxina web para levar o mantemento informático do centro onde os profesores van anotando as incidencias.
Este formulario está na páxina web do instituto en:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesescolasproval/node/468
Non é visible por todo o mundo. Hai que validarse na páxina web para velo.
Os que levamos o mantemento temos que consultar este formulario para saber se hai algunha incidencia. Necesitábamos podernos suscribir a esa páxina para que nos informase de cambios sin ter que ir a consultala a diario. Só nos podemos suscribir á páxina principal do IES: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesescolasproval/ pero isto non nos sirve. ¿Poderían darnos unha solución para que cando se introduza algo no formulario nos enviase unha notificación ao correo electrónico dos encargados de levar o mantemento ou permitir unha RSS para ese nodo de certos usuarios?
Sindicarse a unha webform non visible
- APIs de Blogue
A ver se vos funciona isto
Se editades o formulario, no apartado email settings podedes incluir unha serie de enderezos aos que se envía o formulario. Editando os compoñentes podedes especificar os que queirades enviar.
Saúdos
Funcionou!
Moitas grazas iessantairene.