Hola a todos estou a ter problemas cos permisos asignados ós usuarios: por exemplo o rol de bibliotecario ten permiso para publicar na categoría de Biblioteca (xa revisei na taxonomía: permisos, seguindo os consellos dados neste mesmo foro de drupal: Os termos dun menú Enviado por asesor en Mar, 2007-10-23 21:28.
Roles con acceso a categorías ás que non se lles entregou permisos
Sen emabargo o entrar como bibliotecario teño permiso para poder publicar en tres categorías (biblioteca, sección EOI, recursos e descargas) para as que eu, coma administrador, só lle dera permiso para a biblioteca e non para as outras dúas; estas non viñan predifindas no noso drupal senon que as creamos nos.
¿Cómo debería hacer para que sólo el rol de bibliotecario sólo pueda publicar en Biblioteca?
Gracias
- APIs de Blogue
Permisos de usuarios autenticados
Como xa está comentado neste foro (http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/250), o que está a pasar é que un usuario que teña conta no voso espazo, independentemente do rol que lle otorguedes, tamén pertenece ao rol de "usuario autenticado" (authenticated user).
Entón, todos os permisos que se teñan asignados para o rol de "usuario autenticado" recibiranos todos os usuarios que teñan conta creada.
Na imaxe que che xunto verás que para o rol de usuario autenticado do voso espazo están marcados os permisos de Crear contidos nas nova categorías creadas. Isto é así porque no momento de crear as categorías os permisos establécense por defecto.
Para unha máis doada xestión recomendámosvos que para o rol de usuario autenticado desmarquedes todos os permisos e sempre será necesario revisalos despois de crear unha nova Categoría ou Termos.
Así, si temos todo desmarcado para este rol, os usuarios xa solo recibirán os permisos que lle asignedes no rol correspondente: biblioteca, inglés, profesorado, etc.
Agardo que a resposta sexa clarificadora, do contrario non dubides en poñerte novamente en contacto con nós.
Un saúdo.