Problemas coas notificacións de entradas nos foros
Dende o Ies de Sanxenxo temos problemas á hora de que tódolos membros suscritos a un foro reciban os post que introduce o administrador do sitio ou calquera participante. Soamente se reciben se se executa manualmente o arquivo cron.php por parte do administrador. As miñas cuestións son:
- Pódese facer que se execute o cron de maneira automática sen ter que lanza-lo manualmente cada vez que se queira comunicar algo?
- Atopei CÓMO FACER que o cron se execute cada cinco minutos pero non atopei ONDE FACELO. Podemos facelo dende o centro, hai que facelo dende os servicios centrais ou non se pode facer?
Temos a aula funcionando a medias pola falla de comunicación inmediata entre usuarios.
Grazas por adiantado e Saúdos,
Carlos Santiso Medín
- APIs de Blogue
CRON automático en Moodle
Boas compañeiros, contemplamos que na próxima (cada vez máis próxima) actualización-migración a multisite solucionar este problema xa que entendemos que o CRON é unha ferramenta moi importante na utilización do moodle, xa que incide directamente sobre a comunicación entre os usuarios, xa sexa por mensaxería ou a través das notificacións ós correos.
De momento o que estades a facer é a mellor opción, lanzalo manualmente cada día.
Un sáudo e ánimo!
Pablo Nimo
-----------------
Grupo de Asesores SIEGA
filtro de mail?