Skip to Content

Conveniencia de listar certas categorías

Escribo dende o IES de Tomiño. Nos acabamos de incorporar o proxecto e estamos traballando no tema dos roles para o profesorado. Quería pedirvos unha opinión sobre unha cuestión moi simple. Nas categorías ou termos os que só lle vamos dar acceso a determinados roles, normalmente lle poñemos que esa categoría/termo apareza na lista ( dentro do bloque) para calquera usuario anónimo ou non identificado. A verdade é que resulta un pouco estúpido, porque ¿para que se mira que existe, senon se ten acceso? Por outra banda, se ha ocultamos, entón ai usuarios que se confunden as veces cando acceden de forma "pública"proque creen que a categoría desapareceu. Non sei ¿cal é o criterio que creedes mellor? As categorías/termos de acceso restrinxidos, se listan na área pública ou mellor non se listan?

Listar menús

O de listar menús e non acceder ao contido é moi habitual e simplemente sae a mensaxe de que non se pode acceder ao contido.

O que non é tan habitual é que como usuarios anónimos poidamos listar ou ver uns contidos e logo como usuarios autenticados nos desaparezan ditos contidos.

Creo que a solución está en saber categorizar correctamente os roles, de xeito que se eu me autentico, polo menos vexa tanto ou maís do que vía como usuario non autenticado.



forum | by Dr. Radut