Skip to Content

Crear contido nun subtermo e que non apareza no termo pai

Desearíamos que cando publicásemos unha páxina nun subtermo, esta non saíra tamén no termo pai, por exemplo, no noso centro temos pensado que no bloque Centro no termo organigrama non aparezan as cousas que poñemos nos subtermos de equipo directivo, claustro, etc. Desearíamos coñecer si podemos facer duas cousas, e como facelas: 1º que non se poda entrar no termo organigrama. 2º que se poida entrar, por si nalgún momento queremos poñer calqueira cousa. Moitas grazas.

Ocultar os contidos no termo pai.

Podedes atopar resposta a vosa pregunta na seguinte entrada deste mesmo foro:

http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/462

Por outra bando, o tema de acceso aos diferentes lugares (Categorías e termos) da páxina contrólase desde a opción de Administrar > Configuración da páxina > Taxonomías Acceso: Permisos (permisos de acceso por categorías para cada rol).

Un saúdo.

Moitas grazas

Moitas grazas pola resposta, e lamentamos non fixarnos máis nos temas xa abertos, pero despois de mirar todos o casi todos, esta entrada que ti nos mandas, pasousenos. Xa está feito o que queríamos, grazas.

Foros abertos

Non vos preocupedes, moitas veces é complicado atopar a palabra clave que vos leve ó contido. Así que si a busca se vos fai complexa preguntade.

Un saúdo



forum | by Dr. Radut