Categorías e menús
A estas alturas aínda non teño claro a diferencia entre: categoría e menú, e entre termo de categoría e elemento dun menú.
O caso e que pretendo crear un novo ¿menú? E sego os seguintes pasos:
1)Crear categoría “ENDL”
2)Engadir termos “Actividades”
3)Según manual debería aparecer a categoría en menús, a min non me aparece ENDL.
¿Creo un novo menú co nome da categoría?
¿Creo un novo elemento de menú co nome do termo?
4)En bloques, ubicar o menú.
5)En taxonomy access, dar permisos.
Por outra banda, xa tiña publicados os menús Orientación e Curso actual, pero debín eliminar algo porque agora non me aparecen publicados.
Por favor, axuda.
- APIs de Blogue
Resposta
Ola
Despois de crear a categoría e os termos tes que seguir a ruta:
Administrar-Configruación da páxina-Taxonomías Menú
e ahí activar a nova categoría (aparecera ENDL co check de NON e hai que pasalo a Normal). Esta é unha das modificacións da nova versión (5.7)
Despois de activar a categoría xa aparecerá en Menús dentro do menú Navegación. O seguinte paso é crear un menú co mesmo nome que a categoría e asociar a categoría ao menú recen creado. Este paso faise editando dentro do menú Navegación a categoría e dspregando na pantalla que sae o despregable Pai (ahí hai que seleccionar o nome do menú que foi creado).
Unha vez feito esto desactivamos o nome da categoría de modo que no bloque unha vez activo vai aparecer o nome do menú e os termos da categoría.
Os últimos pasos son correctos: ir a bloques e activar o bloque para o tema e por último dar permisos
Un saúdo
estoume liando
Sería interesante