Non hai envíos nesta categoría
Boas, na nosa páxina temos un bloque chamado PROFESORADO que está cheo de contidos e ten o acceso restrinxido. Cando o usuario anónimo preme en calquera apartado deste menú saelle a mensaxe "Non hai envíos nesta categoría", que é falsa, en vez da desexable "Non está autorizado para acceder a esta páxina". Parece unha nimiedade, pero, ademais de dar a impresión equivocada de que hai apartados baleiros na web, o profesorado máis inexperto non se decata de que se ten que dar de alta porque se lle está a dicir que non hai contidos. Como podemos amañalo?
Moitas grazas pola vosa atención.
- APIs de Blogue
Acceso restrinxido
Efectivamente a mensaxe non é a máis correcta.
Drupal está usando a mesma mensaxe cando non hai envios nun apartado e cando o acceso é restrinxido.
As posibles solucións serían:
1-Editar a frase "Non hai envíos nesta categoría ou ten acceso restrinxido"
2-Non permitindo ver menús aos que non se ten acceso
3-Na próxima versión (5.7) que actualizaremos en xullo, podemos facer que só se vexan aqueles menús que teñen contidos
Probade en Localización>Edición de cadeas, bucar "Non hai envíos nesta categoría." Editádea e engadídelle a mensaxe que consideredes oportuna, tendo en conta que dita mensaxe ten que valer para cando non hai contidos e para cando non se ten permiso de acceso.