Skip to Content

Edilim

¿Pódese inserir na web un libro feito con Edilim? Se fose posible, ¿como se sube?

subindo edilim

Estiven a probar e conseguín inserir o libro aloxándoo previamente nun espazo que me permite o aloxamento pero salta unha ventá emerxente, non a min que as teño bloqueadas pero si a calquera usuario que non as bloquee. Quixera saber se é posible subir o libro directamente á web dinámica.

LIM

http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/taxonomy_menu/3/103

Nese enderezo atoparedes como inserir arquivos LIM ou ARDORA en Drupal

carpeta

A pregunta é: ¿como subo a carpeta á web?

Subir carpeta a espazo web

Co net2ftp podemos facer de dúas maneiras:

1-Facer unha carpeta no noso espazo WEB e subir para dita carpeta todos os arquivos xerados con LIM ou ARDORA

2-Comprimir a carpeta en local (no noso ordenador) e subir o arquivo ZIP coa opción de subir arquivos comprimidos do net2ftp. Automáticamento no lo vai descomprimir no noso espazo web creando a carpeta correspondiente.

IMPORTANTE:

Os nomes dos arquivos non deben levar espazos, acentos, caracteres extranos,...O tamaño tamén importa.

net2ftp e Lim

A min net2ftp só me funciona unha vez de cada vinte intentos. Tampouco sei onde crear a carpeta (¿root?, ¿files?,...). Unha vez conseguín subir un actividade.zip e situalo nunha carpeta (actividade) creada dentro de /files, pero de aí a coller a ruta da actividade.html non sei como facer. No aloxamento ftp de Orange podo coller a ruta de actividade.html sen ningún problema. No net2ftp non lle vexo o xeito. ¿Pódesmo aclarar mellor? Grazas.

Carpetas en espazo web.

Se son materiais para Drupal, mellor na carpeta files.

a ruta sería:

http://centros.edu.xunta.es/webcentro/files/carpeta/actividade.html

Estase a revisar o net2ftp por se hai problemas nalgúns dos espazos web dos centros, xa que se comprovou que efectivamente corta a sesións

lim

Estiven facendo probas (moitas)e cheguei á solución de subilo en /root. Funcionou ben cando por fin o servidor o aceptou despois de innumerables intentos. Agora, tres días despois, o servidor funciona de marabilla. ¿Debo mover os arquivos a /files, ou dá igual? Outra pregunta: no terceiro Lim que subín tiña vídeos e ó cabo de moito tempo o net2ftp díxome que non se admitía por exceder do tamaño admitido. ¿Pode aumentarse o tamaño para que poidan entrar os vídeos? Serían uns 100 Mb.

Tamaño de arquivos

Penso que o límite está en 30-40 Mb.

Sempre tendes arranxo. Podedes enviar arquivos a unha mesma carpeta sempre que ningúndeles sexa maior de 30-40Mb.

De calquera xeito non recomendamos videos de máis de 4-5 min.



forum | by Dr. Radut