Skip to Content

Erros ó tentar subir as fotos

Unha vez creadas as categorías e os álbums, pretendemos subir as fotos, pero os erros son: "Imposible mover", se pretendemos enviar un arquivo e "non foi posible crear un arquivo gravable" se o facemos a través dunha URL. Que facer?

Funcionou.

Ola. Acabo de probar a subir unha imaxe ao IES de Allaríz e funcionoume sen ningún problema.

Se o problema aínda se vos produce para vos, avisademe e dicídeme en qué album a queredes colocar, para tratar de reproducir exactamente o mesmo que vos facedes.

Se observades que o problema desapareceu, avisade tamén, por favor, para dalo xa por pechado.

Un saúdo.

a nós tamén nos pasa

e iso que creamos o album e subimos as fotos co mesmo usuario, de feito o admin

Tamén me funciona.

Ola.

Unha vez probado no IES de Allariz tamén probei a subir unha imaxe á vosa galería, e tamén me deixou subila sen problema algún.

Probei a publicala no album chamado "proba" e todo foi ben. Agora xa non está a imaxe, porque unha vez que observo que se ve xa a borro.

O mesmo que ao IES de Allariz, probade de novo e se aínda está fallando, indicádeme exactamente que imaxe, de que tipo, nome... todo o posible. Incluso podedes enviarme a imaxe en cuestión ao correo de websdinamicas@edu.xunta.es para probar coa mesma...

Un saúdo.

a nós tamén nos pasa

Dende a actualización tamén nos aparece o erro de imposible mover o intentar subir as fotos. E eso que o as subimos a carpeta co mesmo usuario que a creou, de feito o administrador. ¿Haberá que cambiar en algo a configuración?

Permisos nos Albums

Mirade nas propiedades dos albums e fixárse de quen pode subir fotos.

Para que un usuario distinto do dono do album poida enviar fotos a un album, o albun ten que ter activado nas súas propiedades que os invitados poidan enviar fotos. Ter en conta que se entende por invitados aqueles usuarios/as coin contrasinal con permisode subir imaxes.

a nós tamén nos pasa

a nós tamén nos pasa, e o usuario que manda as fotos é o mesmo que creou o albúm, de feito é o admin. Haberá que cambiar algo na configuración?


forum | by Dr. Radut