Vamos facelo sen necesidade de instalar ningún módulo adiccional de video en Drupal.
O primeiro que teremos que ter en conta cando desexemos publicar un video na web, é o tamaño do arquivo.
Videos de máis de 5 min ou 15 MB non son apropiados.
En segundo lugar o formato. O máis apropiado será poder servir un video en streaming, polo que traballaremos con video FLV e un player.swf que o sirva para a web.
Procedemento:
1-SUPER é un programa gratuíto que nos pasará prácticamente calquera formato de video a FLV con son mp3. Exportaremolo para unha xanela de 320x240. Ten múltiples opcións.
2-AnyFlvPlayer é outra aplicación gratuíta que nos reproducirá o video antes creado en contorno local, pero que nos exportará xunto co video, para unha carpeta, os arquivos necesarios para servir o video en streaming video.FLV, video.html, player.swf)
3-Etiqueta IFRAME para embeber o vídeo no contido ou páxina de Drupal. O código desta etiqueta é o segunte:
|
O código da etiqueta haberá que pegalo no nodo ou páxina correspondente, indicar a ruta do arquivo video.html que nos xenerou a aplicación AnyFlvPlayer. O alto e ancho tamén variará segundo o tamaño da ventana do video.