Podemos incluír imaxes nos nosos escritos, pero o seu tamaño deberá ser moderado, nunca máis de 50 kb.
De incluír varias nunha mesma páxina, que sexan miniaturas ou a suma do seu peso escasa, para facilitar a navegación.
Vexamos como proceder:
1º.-Premer na icona coa imaxe de árbore que temos no procesador do escritorio virtual.
2º.-Con isto abrirase unha xanela onde poderemos actuar de dúas maneiras:
- Escribir no espazo "Image URL" un enderezo (URL) dunha imaxe que se atopa en Internet e que temos permiso para usar; é dicir, unha imaxe libre. Logo premer no botón "Insert" e xa aparecerá na nosa folla do libro.
- Premer na icona que sinalamos en vermello na ilustración de abaixo se o que quermos é inserir unha imaxe que temos no noso ordenador.
3º.-Daquela aparece un novo formulario que nos permitirá 1º buscar a imaxe no ordenador, 2º subir a imaxe e 3º engadila no escrito.
4º.Cando prememos en "Add" volvemos á xanela anterior e con premer no botón "insert" teremos a imaxe inserida na páxina.
Agora temos que colocala no lugar correcto do texto. Seleccionamos a imaxe e prememos na icona xa coñecida con imaxe de árbore. Na pestana "appareance" poderemos darlle propiedade á imaxe de tamaño ou xustificación.
Recomendamos axudarse das táboas para maquetar imaxes no texto se for necesario.