Skip to Content

Todos os arquivos adxuntos van á carpeta files

Observo que por defecto calquera arquivo adxunto (pdf, imaxes, docs, etc) colócase na carpeta files. Tamén sei que se pode cambiar. Pero quero preguntar se se pode organizar dita carpeta en subcarpetas (por exemplo, unha para cada departamento, etc) de maneira que cando se suba un arquivo pódase escoller a carpeta destino. Non vexo esa opción cando se trata de adxuntar un arquivo. ¿Quere iso dicir que non é posible escoller o destino dos adxuntos e todos os arquivos adxuntos terán que ir a parar á mesma carpeta? (co tempo estará chea de arquivos e mesturados os arquivos de distintas seccións).

Arquivos adxuntos

Efectivamente os arquivos adxuntos van todos á carpeta files. Pero as carpetas non é necesario administralas se temos a precaución de crear os contidos con xeito. É dicir se o adxunto o subo cun documento que pon departamento de matemáticas ou unha clave determinada; en buscar contidos podemos filtrar todos os contidos de dito departamento ou con dita clave "carpetamate". É dicir, Drupal  vainos permitir xestionar contidos pero non carpetas. O mesmo con calquera outro tipo de contido o arquivo almacenado, como poden ser as imaxes.

Se buscase contido "carpetamate" aparecerían todos os contidos desa "carpeta". É unha consulta a unha base de datos.



forum | by Dr. Radut