Skip to Content

Artículos

FORO DE CONSULTAS - Sub Categories

PANELS

Hola:

Funciona el módulo Panels?.  He activado los módulos de CTools y Views pero cuando intento crear un panel no me deja editar saliendo este mensaje:

user warning: Illegal mix of collations (utf8_general_ci,IMPLICIT) and (utf8_spanish_ci,IMPLICIT) for operation '=' query: SELECT s.uid, c.updated FROM dr520_ctools_object_cache c INNER JOIN dr520_sessions s ON c.sid = s.sid WHERE s.sid != '8bc1g745e5nok883vtrhvktecpcvvaf3' AND c.obj = 'page_manager_page' AND c.name = 'page-prueba_panels' ORDER BY c.updated ASC in /srv/www/drupal6/sites/all/modules/ctools/includes/object-cache.inc on line 101.

 

gracias

Xa non se poden crear subdirectorios para subir imaxes aos artigos?

Antes da última actualización, no explorador de arquivos de imaxes era posible crear subdirectorios, por exemplo por anos:

Administrar>IMCE settings>Pestaña Sub-folder tool>Create

Agora non vexo a maneira

Calidade das fotos subidas

Desde a última actualización do drupal a subida de imaxes non nos admite as fotos coa mesma resolución que tiñamos antes. Temos que  redimensionalas para que no las cargue, co que a calidade da foto é máis baixa.

Poderiamos volver a ter a mesma resolución que antes? Como?

Evento colores categorias

En taxonomia creamos varias categorías que no calendario  do mes "no content" saen todas cunha cor  amarela 

Como podemos facer que cada categoría teña a súa cor? levo rompendo a cabeza case un mes e non atopo como.

Outra cuestión. os eventos que se repiten cada ano  hai que editalos  cada  novo curso, como podemos facer que un evento deste tipo saia en tódolos anos  por exem. dia de reis  6 de xaneiro creas o contido e sae en tódolos anos.

Espero que  poidamos solucionalo

gracias

NON PODO ENGADIR FOTOS NAS PÁXINAS

Ola,

nos últimos días actualizaronos á Drupal 6, desde entón non podo (ou non sei) engadir imaxes nas páxinas que creo na web.

Cando fago clic na icona da barra de ferramentas para engadir imaxes pídeme que insira a URL da imaxe. Na versión anterior había un botón que me permitía subir a imaxe e despois cargala, pero coa actualización desapareceu.

Como teño que facer agora? 

INSERIR WIDGET

Queremos inserir nun bloque un widget de información meteorolóxica. Creamos o bloque e ó editalo, no corpo do bloque, seleccionamos "insertar/editar medio embebido", pero a partires de aquí, qué tipo collemos e cómo copiamos o enderezo do widget? É que probamos de distintos xeitos e non conseguimos que se vexa o widget na web.
Moitas gracias por adiantado. 

Asignar unha actividade a un agrupamento

Para a xente que xa pode traballar coa recente actualización de Moodle (1.9.7), recomendamos activar unha mellora que non está marcada por defecto no menú de administración do sitio (Xeral>Experimental): Agrupamentos.

A idea é que así en cada tema dun curso con varios grupos separados, é posible poñer actividades diferentes para cada agrupamento sen que cada un vexa as actividades dos demais. Un agrupamento pode estar formado por un ou varios grupos. Parece algo confuso polo parecido dos termos, pero é sinxelo de organizar.

Activando os agrupamentos, aparecen nunha nova pestana da ventá de Grupos:

http://docs.moodle.org/all/es/Agrupaciones

Non sabemos se sería posible activalos para todos os centros por defecto, aínda que recoñecemos que non serán necesarios para moita xente.

PROBLEMAS SERIOS

Hai unhas semanas fixen algúns cambios en permisos, módulos , etc pensando que ía mellorar a web. O caso é que provoquei unha desfeita que non dou solucionado. Desaparecéronme tódolos bloques da barra esquerda; en administración de bloques tampouco aparecen para activalos.Á hora de crear contido non podo engadir arquivos adxuntos; só me deixa subir imaxes en "miniatura"; cambiou o Nome de usuario e contrasinal para entrar como profesor ou administrador. 

Isto é un SOS! Por favor, preciso axuda.

Erro na creación de preguntas calculadas

Na aula virtual do IES A SANGRIÑA, ignoro se sucederá nalgun outro centro, temos problemas ao crear preguntas calculadas ou ao correxir posibles erros nas que xa están na aula virtual. Hai algún problema coa base de datos que almacena as posibles respostas en funcion das unidades. Se queremos almacenar unha ou dúas respostas non hai problema, pero cando se queren almacenar tres respostas aparece unha mensaxe de que non se pode acceder a base de datos. A mensaxe di: "Unable to save unit a to the Databse"

Incluir verificador de identidad

Hola:

¿Existe alguna manera de implementar en un formulario un verificador de identidad? Es decir el típico código aleatorio que se incluye en formularios para evitar respuestas automáticas de máquinas.

 

gracias

Yo mismo me contesto es el módulo captcha



by Dr. Radut