Skip to Content

Artículos

ASESORES SIEGA - Sub Categories

Web en varias linguas

Un centro plantéxame a posibilidade de facer a web en varias linguas, xa que teñen centros por toda España (e un centro privado). Penso que tamen é interesante para os centros públicos. Por exemplo centros con intercambio de alumnado de outros paises, pais do centro que non entenden o galego, etc. Reflexionando un pouco o tema, en realidade o traballo da web duplícase para cada lingua, non solo hai que traducir as categorías, senon tamen cada contido que se meta. Bueno, ¿poderíase facer? ¿é interesante? ¿que opinades?

Menu navegación

Posiblemente a todos nos "incordie" (polo menos a min si), ir a administrar algo e ter que andar baixando sempre dentro da páxina para chegar ó menú administrar. A solución e tan simple como poñer o bloque navegación no cima de todo (valor -10 por exemplo). Digoo porque algún centro se me queixa de que cada vez que teñen que ir a administrar teñen que ir para arriba e para abaixo.

Cores e imaxes de fondo con táboas

Alguén me preguntóu como se poñen cores e imaxes de fondo, nos comentarios seguintes expoño algunha idea.

Outros módulos

Hai un par de módulos para xestional Files e para a Base de Datos interesantes.Ventaxe: poden facer copias de seguridade. Problema: tamén poden borrar campos e arquivos e o  da base de datos aínda non ten V.5. Para a administración dende a consellería poden supoñer unha ventaxa pero para os administradores dos centros póñennos medo. Probástedes algún deles. 

Módulo IMCE

Estivo investigando José da Pobra co Módulo IMCE. Este módulo apareceu na versión 4.7 en decembro e tamén xa está para a v.5. É un módulo moi interesante xa que simplifica a inserción de imaxes no texto.

Agora, premendo na icona de árbore no procesador de textos, podemos engadir unha imaxe mediante URL, pero tamén se volvemos a premer nunha icona cadrada que engadiu o IMCE no formulario da URL ábresenos a posibilidade de buscar imaxes no noso PC.

As imaxes poden subir para unha carpeta persoal de cada usuario ou para unha común, dependendo da configuración do IMCE.

Xa está o IMCE cargado no Drupal dos asesores e de case todos os centros. Tedes que activalo en administrar-módulos e logo dar permisos en control de acceso-permisos

Fallos de contrasinal?

Xa me pasou varias veces que ou ben Drupal, ou ben eu andamos a trabucar os contrasinais. Por mais que intento acceder non me deixa. Probo con todos os contrasinais posibles e nada. Ao final teño que pedir que me de acceso polo correo electrónico e establecer de novo o contrasinal. Pásalle a alguén mais ou é o alzheimer meu persoal e intransferible???

Por que non podo subir arquivos adxuntos?

Tentei crear unha páxina para subir ao meu espacio web na que quería incluir un adxunto. Non atopo o enlace para subilo. No dun centro fíxeno sen problemas. Supoño que en algún sitio se activa a opción de poder subir arquivos adxuntos así que agardo as sabias indicacións do grande oráculo de Drupal. Amén!

Ver os contidos solo nos submenús

Si non queremos que ó facer click nun menú desplegable, apareza todo o contido dos submenús, debemos ir a administrar->opcións->taxonomy_menu e desactivar o check "display descendants". Esto funciona si en administrar->menus desactivamos o primeiro elemento do menú. A outra opción e facer o que dí o webmaster no comentario a un centro
Podedes facer a proba co menú Organigrama no drupal de siegaverin, veredes que non aparece nada,e en cambio nos submenús consello escolar e profesorado si que hai cousas.

Crear blogs en Drupal e engadir comentarios

Teño creado unha sala de blogs en drupal. a cuestión é que quero crear un tema de blog e que logo poidan engadirlle comentarios calquera dos visitantes que estan interesados en algún dos temas que se ofrecen na sala. ¿E esto posible? Ata agora solo podo ver algún dos creados (outros perderonseme) O foro painai1 ten un tema con un texto metido nunha taboa con marco, color de fondo. Pero podedes apreciar que mo situa desencaixado do formato que ven predeterminado. (podedes entrar no web de siegabarco ¿Sabedes a que é debido?

Crear enlaces a páxinas externas

Cando creamos un menú con enlaces externos p.e. menú "Prensa" e lle queremos engadir os enlaces que nos interesen p.e. La voz, El país, Marca, ABC, Expansión, The independent... ¿Sò podemos facelo creando items de menú ou hai outra maneira de crealos coa posibilidade de poñerlles os logotipos en lugar de os nomes para acceder aos sitios desexados?


by Dr. Radut