Web en varias linguas
Un centro plantéxame a posibilidade de facer a web en varias linguas, xa que teñen centros por toda España (e un centro privado).
Penso que tamen é interesante para os centros públicos. Por exemplo centros con intercambio de alumnado de outros paises, pais do centro que non entenden o galego, etc.
Reflexionando un pouco o tema, en realidade o traballo da web duplícase para cada lingua, non solo hai que traducir as categorías, senon tamen cada contido que se meta.
Bueno, ¿poderíase facer? ¿é interesante? ¿que opinades?
- APIs de Blogue
Web en varias línguas-Módulo International
A ferramenta administrativa non ten problema xa que o usuario ten a posibilidade de elixir idioma.
Os menus non teñen outro xeito que facelos tantas veces como línguas queiran e logo cada usuario elixe o idioma ¡. Doble, triplo,..traballo
Cos contidos parasaría o mesmo, habería que facelos en tantos idiomas como fosen necesarios e publicalos no sitio correspondente.
Penso que cando hai un proxecto europeo o mellor e facer unha sección. De calquera xeito nestes proxecto europeos normalmente cadaquén fala na súa lingua.
O módulo internacional, se facemos todo o que indicamos arriba vainos a facilitar a navegación xa que se eliximos un idioma ademáis de estar a ferramenta de administración nese idioma so nos vai deixar ver aquelas categorías ou termos da lengua que lle asignemos.
É dicir, cando creo unha categoría ou termo, téño que indicarlle o idima e logo cando elixo o idioma so se ven os termos e categorías que teñen asignado dito idioma.