Hoxe 29 de abril, dentro do programa EduTecEmprende, da liña de actuación Conexión co mundo empresarial do Plan Eduemprende, que desenvolve a Dirección Xeral de Formación Profesional, puidemos desfrutar dunha interesante charla de Antonio Domingo Tudó, director de Recursos Humanos de Pérez Rumbao S.A.U.
Acudiron á clase de Economía de 1º de bacharelato tamén os de Economía e Emprendemento de 4º da ESO, ao escoller a modalidade de visita virtual, Antonio Tudó conectouse desde a aula por vía telemática co concesionario de Ourense. Percorréronse as instalacións do mesmo e entrevistouse a persoal dos distintos departamentos, o alumnado puido preguntar as súas inquedanzas e coñecer de maneira máis práctica o traballo nunha empresa, en especial do sector de automoción, descubrindo ademais amplas e variadas oportunidades profesionais.
EduTEcEmprende, imaxes de Beatriz López CC BY-SA