Skip to Content

Visita de 3ºESO aos Museos Científicos da Coruña

O alumnado de 3ºESO desfrutou dunha xornada nos Museos Científicos da Coruña, organizada polo Departamento de Bioloxía. 

Visitaron o Acuario, Planetario, Casa das Ciencias e A Casa do Home onde participaron nunha disección de corazón. 

Disección de corazón. Fotografía de Amparo Veiga

Convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación de idiomas no estranxeiro

Foi publicada a convocatoria AXUDASLE 2024 para axudas para realizar actividades de formación en idiomas no estranxeiro neste verán para alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.

Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído).

BO ENTROIDO!

O IES Xoán Montes quere agradecer a todas as familias, alumnado e a toda a comunidade educativa a implicación e gran colaboración na organización do entroido. Foi un gran pracer disfrutar da diversa gastronomía de todas as nacionalidades que conforman este centro.

Bo entroido!

te

 

Té moruno. Foto de Marta Coria. CC BY-SA 

Visita didáctica a Pull&Bear

Hoxe 6 de febreiro o alumnado de Economía de 1º de bacharelato puido desfrutar dunha mañá diferente, pois  realizamos unha visita ás instalacións de Pull&Bear en Narón.

Tanto na loxística coma en todo o proceso de deseño, patronaxe, comercial, de sustentabilidade ... hai unha estudada estratexia, cun modelo de negocio onde o centro é o cliente, baseado na innovación e flexibilidade. A súa forma de entender a moda -creatividade, deseño de calidade e resposta áxil ás demandas do mercado- conseguiron e seguen a conseguir o seu grande éxito e expansión internacional. 

Levámonos unha gran experiencia ademais dos agasallos da imaxe.

 

Foto de Beatriz López CC BY-SA

Un entroido de... CONTO!

Xa temos preparado todo para o entroido no IES Xoán Montes!

Este ano será un ENTROIDO DE CONTO, polo que a temática de disfraz do venres será personaxes de conto ou de ficción. Aquí tes algúns exemplos para inspirarte: Heidi, Pipi Calzaslargas, Pinocho, Hansel e Gretel, Peter Pan, Capitán Garfo, Sherlock Holmes, Robin Hood, O Principiño, Alicia, Harry Potter, Raiña de Corazóns, etc.

Estarán terminantemente prohibidos os complementos violentos ou perigosos (espadas, pistolas, etc), así como calquera disfraz que sexa discriminatorio, sexista ou groseiro.

Iremos arrancando motores ao longo da semana coa nosa versión do tracional Meco. Nesta ocasión, Copora manda! Para os que non o saibades, Copora é a castrexa protagonista do graffiti de Yoe33 que vén de gañar o título do terceiro mellor mural do mundo de 2023 e que está pretiño do noso instituto.

Cada día Copora mandará algunha cousiña que traer ao longo da semana. Para saber o que toca, segue as instrucións de cada día. (Non son acumulativos, trae soamente o que corresponde a cada día).

O venres, será o día máis festivo. Nas dúas últimas horas haberá un torneo de brilé e faremos un "percorrido doce" polos distintos lugares de procedencia do alumnado do centro. Non dubides en traer o teu postre típico!

copora manda

Cartaz de Entroido. Inés Iglesias. CC BY-SA

 

Día internacional da paz e da non violencia: 30 de xaneiro 2024.

En tempos de desgarradores conflitos entre os pobos, hoxe mais que nunca, e no noso diario facer, queremos sementar accións pola non violencia e a paz

foto

 

Muro da paz. Foto Marta Coria. CC BY-SA

 

Obradoiro de familias. Estades a tempo de inscribirvos

Comenzamos o mércores, 31 de xaneiro os obradoiros para familias.

Aínda estás a tempo de apuntarte! Mais información:

ines.iglesias@iesxoanmontes.gal

obradoiro

Charla Enfado e límites. Imaxe de Marta Coria. CC BY-SA

 

PROCESO DE ADMISIÓN. 1ª FASE SOLICITUDE DE RESERVA

Solicitude de reserva de praza para alumnado procedente dos centros adscritos: CPR A Milagrosa, CEIP Plurilingüe Benigno Quiroga Ballesteros.

Prazo aberto do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro, ambos os dous incluídos.

Realízase no centro de orixe utilizando o Anexo I e Anexo I-bis (modelo ED550A)

Charla para familias e profesorado: aprender a separar para reciclar

O próximo xoves 8 de febreiro de 16:30 a 17:30 teremos no instituto unha charla de SOGAMA para aprender a separar os residuos e así poder reciclar máis e mellor.

Esta charla está orientada a profesorado e familias do IES Xoán Montes e enmárcase dentro dos programas Escola Verde e PFPP (formación do profesorado).

Para coñecer de antemán o número de participantes, agradécese a inscrición por medio do correo a martacoria@edu.xunta.gal 

Distribuir contido


by Dr. Radut