Hoxe 25 de abril, o alumnado de 4º da ESO A e C, acompañados por Belén Arrojo, Inés Iglesias e a que escribe, Beatriz López, puido desfrutar dunha xornada totalmente distinta e que esperamos espertase moito interese na gran variedade de estudos que oferta a FP.
O Congreso FP Innova 2024, é a sexta edición dun evento referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na FP de Galicia que se celebra na Cidade da Cultura, en Santiago. No enlace poden verse os diferentes obradoiros aos que podía ir o alumnado, ademais de numerosos stands con información moi práctica dos proxectos de emprendemento xerados nos centros de ensino.
Tamén houbo catas de pinchos ofrecidos por alumnado de ciclos de cociña, e parte do noso alumnado saíu no telexornal, no 12:46 (https://www.rtve.es/play/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-2-25-04-2024/16076964/)
Lambóns!
Imaxes de FP innova de Beatriz López CC BY-SA