Skip to Content

Participación na actividade "Fly the Future"

O alumnado de 2º da ESO puido hoxe, 27 de febreiro. desfrutar dunha actividade moi completa nas instalacións do Centro de Investigación aerotransportada de Rozas (CIAR) e do International Research center on advanced autonomous systems (IRCAAS).

O principal obxectivo do programa Fly The Future é espertar no estudantado da ESO a vocación polas carreiras universitarias STEM para potenciar a súa empregabilidade no futuro, en centros de investigación e empresas como as que atoparán no Polo Aeroespacial de Galicia como Avincis, quen está a desenvolver un programa de I+D en colaboración coa compañía Telespazio centrado en dar resposta a importantes retos a través de tecnoloxías de sistemas non tripulados. 

Recibiron unha charla STEM e visitaron a torre de control e o hangar na primeira parte da actividade, na segunda parte (IRCAAS, Avincis), ademais de analizar por que voa un avión, observaron as características do prototipo UA5 LUMES, visitaron o vehículo móvil de comando e control das aeronaves, a sala de simulador de voo e experimentaron cada un/ha un voo dun dron en entorno terrestre e mariño a través dunhas gafas 3D.

Voaron e aterraron satisfactoriamente!

  Actividade "Fly the Future" en Rozas

Olimpíada de Bioloxía

O alumno Tristán Pérez López de 1ºBAC A do IES Xoán Montes participou este venres 23 de febreiro na fase autonómica da Olimpíada de bioloxía en Vigo.

Bo traballo, Tristán!

olimpiadaOlimpíada de Bioloxía 2024 no UVigo.

 

Remate dos obradoiros de familias subvencionados con Contratos-Programa

Onte rematamos os obradoiros coas familias da liña emocional. Quedamos moi satisfeitas de levarnos con nós unha vontade de traer a escoita amorosa e activa ao noso entorno próximo. Un reto que nos enche de propósito e sentido e nos move a continuar.

Que necesario escoitar e validar as emocións propias e as dos nosos seres queridos!

contratos programa familias

Obradoiro de familias. CC BY-SA

Instrucións, calendario e baremación

      Ademáis do indicado no anterior mapa, tamén é unha área de influencia do noso centro para   Bacharelato o concello de Guntín.

23 de Febreiro. Celebramos a Rosalía!

O día 23 de febreiro no IES Xoán Montes celebramos a Rosalía!

Contamos cunha fermosa actuación de dúas alumnas de 1º ESO que fixeron unha homenaxe á ilustre galega. Sara ao teclado e Joana no papel de Rosalía fixéronnos emocionar coa súa interpretación. 

Ademais, un grupo de alumnos de 3º e 4º interpretaron unha fermosa alborada ao comezo da actuación. 

Noraboa polo voso talento!

rosalia

Noraboa a Lucía Domínguez polo premio do Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo

A alumna Lucía Domínguez de 1ºBAC, vén de recibir un premio do Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo organizado polo Concello de Lugo. A entrega de premios tivo lugar este xoves 22 de febreiro no Vello Cárcere da nosa cidade. 

Podes ler a entrevista de Lucía aquí.

Noraboa por este recoñecemento!

Lucía recollendo o premio

 

Lucía recollendo o premio. Fotografía do Concello de Lugo.

Charla STEM para o alumnado de 4º da ESO

Hoxe 22 de febreiro, puidemos desfrutar dunha iniciativa do programa Prensa-escuela que é A voz da Muller STEMconsistente en charlas de mulleres do ámbito científico-tecnolóxico (clickando no enlace podedes escoitar un resumo da charla) ao alumnado. Faise en colaboración coa empresa Viaqua e o obxectivo é animar ás rapazas a decantarse polos estudios técnicos á vez que serve de referente para todos os estudantes no campo STEM.

Acompañounos nesta ocasión unha matemática lucense con ampla experiencia docente e de xestión na USC así como en varias asociacións, como por exemplo a de La ciencia es femenino, a investigadora Mª Victoria Otero Espinar. Falounos da súa traxectoria laboral así como do traballo tan interesante que desenvolve e que ten tantas repercusións na contorna, desde predicións dos efectos dun tsunami ata da probablilidade de desaparición das distintas ilnguas, entre outras moitas utilidades. Sabedes que é a ecuación da coleta? Pois diso tamén nos falou.

E se abrides o enlace da asociación, poderedes ver un calendario con moitas mulleres de gran relevancia no ámbito STEM.

 

 

Encontro con Chema Avilés

No Xoán Montes tivemos a sorte de contar coa presencia de Chema Avilés que veu falar de cómo crear estructuras no noso centro que favorezcan unha cultura do coidado xerando así unha mellora no clima do centro. Quedamos entusiasmados coa súa proposta! Grazas ao Cefore por facer posible este encontro, ao equipo directivo, a orientación e aos profesores participantes pola súa implicación.

chema

 

Distribuir contido


by Dr. Radut