Skip to Content

DAVID BECERRA GAÑA O CONCURSO DE POSTAIS DO IES SAN CLEMENTE

O alumno David Becerra de 2ºBAC vén de gañar o 1º premio do Concurso de felicitacións de aninovo que organiza o IES San Clamente (Santiago), premiado con 100€. A postal, ademais dunha coidada estética e fermosa composición, contén un importante desexo para o próximo ano "Ese ano 2024, Brindemos pola paz".

Noraboa por este fantástico premio, David!

postal David Becerra

Postal de aninovo gañadora do 1º prenio do concurso do IES San Clamente. David Becerra

 

VISITA Á FACULTADE DE VETERINARIA E HOSPITAL ROF CODINA

O pasado 1 de decembro, os alumnos de 1° de Bacharelato de Anatomía Aplicada e Bioloxía realizaron unha saída conxunta a facultade de Veterinaria e ao hospital Rof Codina. 

Na visita, acompañounos Nuria, profesora e investigadora da universidade, que nos ensinou o impresionante museo que hai na facultade sobre esqueletes de diferentes especies e os principais laboratorios de prácticas de anatomía. Por outra banda Luis, o vicedecano da facultade, ensinounos as diferentes aulas, estancias e permitiu que o alumnado fixera prácticas con suturas en texidos animais artificiais. Por último, vimos o Rof Codina por dentro, onde nos explicaron o seu funcionamento, ademais de ver todas as súas instalacións.

visita veterinaria

Explicación na Facultade de Veterinaria. Foto de Marcos Rodríguez Varela

CONFERENCIAS LUZ NO DEPORTE

 

O 12 de decembro rematou o ciclo das 4 conferencias "Luz ao Deporte" organizado pola Fundación Breográn na que participaron os 4 cursos da ESO, tal e como se pode ver no cadro informativo que se adxunta. Nesta actividade, na que colaborou o Departamento de Educación Física, o alumnado tivo ocasión de escoitar a referentes do mundo do deporte como Sergi Grimau, Pedro Munitis, Cata Pollini e Velijko Mrsic.

Neste documento adxunto pode verse un resumo da actividade.

 

TORNEO DE FÚTBOL NOS RECREOS

Ao longo desta 1ª avaliación desputouse unha liga de fútbol na actividade Recreos Activos do Departamento de Educación Física. A organización do torneo correu a cargo do propio alumnado.

Tras un emocionante torneo o equpo vencedor da Liga de fútbol do 1º ciclo da ESO foi o equipo Porcineta. Ben xogado!

No documento adxunto pódese consultar o calendario e resultados dos partidos.

fútbol

Envío de postais aos centros de primaria

Un ano máis o alumnado de 1ºESO elaborou postais de nadal para os seus colexios de primaria. Nesas fermosas postais lles desexan unhas boas festas aos seus antigos profesores e titores. Para a súa entrega, contamos coa excepcional axuda do noso carteiro oficial Gerardo que fixo a entrega seguindo esta detallada ruta.

BO NADAL!

postais nadal postais nadal
Postais de nadal de 1ºESO para os colexios de primaria. Fotografía de Inés

Queremos un entorno VERDE!

Alumnado e profesorado do IES Xoán Montes expresamos o noso malestar pola tala das árbores diante do noso centro. As mensaxes escritas polos rapaces amosan a conciencia que teñen sobre estes seres vivos e a indignación fronte accións tan contrarias á vida como estas.

Na noticia relacionada na prensa indícase que serán substituídas por árbores do paraíso. Non atopamos sentido a ter que plantar especies exóticas coa riqueza paisaxística coa que contamos en Galicia. 

escola verde

Manifestación contra a tala de árbore. Foto de Amparo Veiga

Exposición "Empieza el espectáculo. George Meliès y el cine de 1900"

O alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo de 1ºBAC tivo a ocasión de visitar a exposición sobre a George Meliès, cineasta francés qeu cambiou a historia do cine. 

Na mostra guiada coñecimos como foron os primeiros pasos no cine, con aparellos como o kinestoscopio e as primeiras proxeccións para o público. Será a principios do s. XX cando George Meiliès realizará numerosas aportacións para a historia do cine. O alumnado quedou asombrado cos efectos especiais que conseguían neses primeiros estudos cinematográficos e, en especial, na coñecida película "El viaje a la luna" (1902). A exposición organizada por La Caixa rende unha homenaxe aos inicios no cine nas feiras cunha coidada posta en escea. 

melies

Visionando a película Viaje a la luna de George Meliès. Foto de Marta Coria. CC BY-SA

Programa A Ponte USC. Charla temática de linguaxes de programación e robótica.

O pasado martes, 28/11/23, os alumnos de 4º ESO e 1º de bacharelato do noso centro desfrutaron dunha charla temática sobre linguaxes de programación e robótica impartida polo profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo D. Efrén Arias Jordán

Esta charla está enmarcada dentro do Programa A Ponte da USC, no cal o profesorado da USC imparte charlas sobre contidos do seu ámbito docente e/ou investigador, dirixidas a alumnado de Bacharelato e Ciclos formativos. 

USC robótica

Linguaxes de programación e robótica. Fotografía de Julián Rodríguez

Visita a Sotavento 4ºESO

Nesta actividade o alumnado de 4º ESO aprenderon como funciona un parque eólico e como se xestiona o subministro de electricidade no noso país.

Tamén descubriron a importancia do uso eficiente da enerxía grazas ás cosntruccións bioclimáticas, nas cales se elixen tanto o tipo de materais como a orientación e arquitectura para aforrar recursos naturais e gasto enerxético.
 
A sesión incluiu un refrixerio con un chocolate quentado grazas a enerxía solar.
Sotavento
 
Quentando o chocolate con enerxía solar. Foto de Amparo Veiga

LUGO THEN AND NOW

Alumnado de inglés 4º ESO fixo unha saída dentro de seu proxecto Lugo then and now para descubrir os cambios que transformaron a cidade nos últimos 50 anos. Completaron o traballo con entrevistas aos maiores da familia que aportaron a memoria persoal ao seu estudio e observación da cidade actual.
Moi satisfeitos cos resultados da visita que eles mesmos guiaron polo casco histórico da cidade.
 
saída inglés
Fotografía de Silvia Carballido
Distribuir contido


by Dr. Radut