Hoxe é un día especial, si, todos os días o son, o curso pasado empapámonos gracias a Enredadas no cambio dunha onda de inspiración, e agradecemos poder ser testemuñas dese novo libro tan fermoso e feito con tanto agarimo, referímonos á presentación de De nenas a lendas. 15 historias de emprendemento feminino.
O alumnado de 3º da ESO, e gran parte de 4º, de 1º de bacharelato e incluso de 2º da ESO asistiron a actividade e reflexionaron sobre todo o que nos contan esas lendas, que parten dunhas condicións en moitos casos moi desfavorables e atopan as forzas para alcanzar as súas metas, impactando positivamenta na súa contorna. Loitan por un mundo mellor cunha enorme paixón... e se nos deixamos contaxiar?
Reflexións do alumnado Imaxes de Beatriz López CC BY-SA