Skip to Content

Explicación en inglés dos graffiti próximos ao instituto. 2ºESO

Ao longo do mes de maio o alumnado de 2ºESO realizou unha actividade na materia de Inglés para mellorar a expresión oral. Despois de debatir na clase sobre as diferenzas entre arte urbana, graffiti e vandalismo, realizaron un traballo de investigación sobre distintos graffiti próximos ao instituto. Aproveitando o bo tempo, por parellas, fixeron unha explicación en inglés ao resto do grupo. 

Velaquí un albúm como documento gráfico desta fermosa actividade.

ANTEPROXECTO CURRÍCULO SECUNDARIA LOMLOE GALICIA

 

O proxecto de decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia está en fase de envío de suxestións. Neste enlace poden consultar o proxecto e enviar, se así o desexan, suxestións.

INFORMACIÓN MATRÍCULA ABAU

Neste enlace hai información detallada sobre o proceso de matrícula para a ABAU. 

ATENCIÓN: hai un erro na cantidade a ingresar para o pago do título de Bacharelato. O importe é: 

NORMAL: 54,OO EUROS

FAMILIA NUMEROSA: 27,03

FAMILIA NUMEROSA CATEGORÍA ESPECIAL: GRATUÍTA

Actividade organizada pola ANPA: PASEO GUIADO POLO LUGO DESCOÑECIDO

O sábado pasado, coincidindo coa chegada do Maio, tivemos a ocasión de desfrutar dunha formidable xornada de convivencia entre familias, profesorado e alumnado organizada pola ANPA do IES Xoán Montes. Desfrutamos dun paseo polo "Lugo descoñecido" acompañados pola moi grata compañía do guía oficial de turismo Guido Álvarez Parga.

Tras comezar a visita no Parque de Rosalía de Castro, adentrámonos no fermosísimo Barrio do Carme. Alí coñecimos a importancia que ten este barrio para a nosa cidade dende o punto de vista natural, etnográfico, histórico...

Sen dúbida foi unha boísima oportunidade para coñecer e querer máis a nosa cidade, así como de coñecernos máis e fortalecer a comunidade educativa do IES Xoán Montes.

foto de grupo

Foto de grupo "O Lugo máis descoñecido". ANPA IES Xoán Montes. CC BY-SA

Gran actuación do noso equipo na final do YBT Noraboa!

Non podemos estar máis orgullosas da participación do noso equipo, traballaron duro e conseguiron quedar segundas da súa simulación, un moi meritorio posto.

Moitas grazas por representar tan ben ao noso centro e aos centros da provincia de Lugo e boa viaxe de regreso a casa.

  


 

 

Licenza Creative Commons

Esta obra de Lara Olivero Ben ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.

Hoxe 29 de abril ás 12 h comeza a final de YBT en Madrid. Sorte ao noso equipazo do Xoán Montes!

Tras arduo traballo realizado desde novembro, aí está o noso gran equipo representando ao noso centro e a todo Lugo, pois acadaron a única praza provincial.

Orgullosos estamos.

Pilar, María e Inmaculada, enviámosvos forza e sorte!

     

 

 

Licenza Creative Commons

Esta obra de Lara Olivero Ben ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.

 

MODIFICACIÓNS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Como xa se lles comunicou, as programacións didácticas foron modificadas para adecualas ao recollido na  Orde de 25 de xaneiro de 2022 de actualización da normativa de avaliación de secundaria, que elimina a convocatoria extraordinaria na ESO, e ao novo calendario que adianta a convocatoria ordinaria e extraordinaria de BAC. 

Nos documentos adxuntos e/ou nos departamentos correspondentes (menú da dereita) poden consultar esas modificacións. 

ÚLTIMA ACTUALIZACIÓN DE INFORMACIÓN COVID

Neste documento poden consultar as últimas modificacións con respecto á situación covid no centro educativo

PUBLICADAS LISTAXES ADMISIÓN

Están publicadas as listaxes de admisión no taboleiro da entrada do Centro dende o venres, 22 de abril. 

Están admitidas TODAS as solicitudes para os seguintes cursos: 1º ESO, 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC.

VISITA Á MOSTRA "AFONSO X E GALICIA"

O alumnado de 2ESO visitou a mostra "Afonso X e Galicia" na capela de Santa María e organizada polo Consello da Cultura Galega.

Na exposición celebrada co gallo do 800 aniversario do nacemento de Afonso X, o alumnado tivo a ocasión de coñecer un pouco máis deste monarca medieval tan vencellado a Galicia. Así, puidemos revisar aspectos da súa biografía, o proxecto político e especialmente do legado cultural grazas á reprodución de distintos escritos, miniaturas e instrumentos da época.

Despois da visita guiada, o alumnado tivo que buscar información nos distintos paneis expositivos.

2ESO na mostra Afonso X e Galicia. Marta Coria. CC BY-SA

Distribuir contido


by Dr. Radut