O alumnado de 1ºESO do IES Xoán Montes deseñaron unhas fermosas postais para os seus mestres de primaria.
As postais foron elaboradas nas clases de inglés e de titoría empregando todo tipo de materiais, resultando unha gran variedade de deseños.
Para a entrega das postais contamos coa inestimable axuda duns eficientes paxes reais que levaron a cada centro as postais correspondentes. Moitas grazas, Gerardo!
Esperamos que os/as destinatarios/as desfrutaran moito da sorpresa!
Velaquí algunhas imaxes para ilustrar esta bonita acción.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Postal de Brais Vélez (1º ESO). Postal de Álvaro del Campo (1º ESO). Ruta de entrega de postais de Gerardo Baamonde. Sobres de entrega. Equipo de Acollida.